Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

martes, 26 de outubro de 2021

Convocatoria de Asemblea Anual Ordinaria 2021


Lugar de celebración: Salón de Actos IES Rosalía de Castro 

Data: Xoves 4 de Novembro de 2021 

Hora: 19.00 Primeira convocatoria; 19.30 Segunda convocatoria

 

Orde do dia:

  1.  Presentación Xunta Directiva ANPA actual.
  2.  Informe de Actividades.
  3. Informe de Tesouraría.
  4. Renovación membros Xunta Directiva.
  5. Solicitude de colaboración co centro para impartir Curso de Xestión Emocional a cursos de ESO.
  6. Actividades extraescolares: situación actual
  7. Banco de Libros: Incidencias e propostas de organización para próximo curso
  8. Rogos e preguntas

xoves, 29 de xullo de 2021

Intercambio de libros 2021-22

Informamos que en breve estarán elaboradas as listaxes do intercambio de libros para o curso 2021-2022.

Indicaremos a través deste blog cando deixaremos información no Instituto sobre a relación definitiva e contactos para o intercambio de libros.

Grazas a todxs pola vosa colaboración!



domingo, 11 de xullo de 2021

Información sobre o Consello Escolar e reunión da directiva da ANPA

No seguinte link Información sobre o Consello Escolar e reunión da directiva da ANPA tedes un resumo do tratado na reunión da xunta directiva da ANPA celebrada o 8 de xullo, e da reunión do Consello Escolar do dia 9.
No Consello Escolar informouse das novas condicións para o curso 2021-2022, incluido calendario e horario.
Pola súa parte na reunión da ANPA acordamos, entre outros temas, convocar a asamblea de socios/as a principios de curso. 
Nos próximos dias realizaremos o intercambio solidario de libros. O resultado do intercambio poderase consultar no instituto a partir da data que se vos comunicará por esta vía.

Correo da ANPA: anpa.iesrosaliadecastro@gmail.com

Saúdos e bo verán.

xoves, 20 de maio de 2021

Cambio nas datas dos exames de recuperación. Proposta da Consellería de Educación

O mércores 19 de maio, representantes da ANPA do IES Rosalía de Castro e da Federación de ANPAs de Compostela reuníronse para valorar a proposta da Consellería de Educación en relación ás datas dos exames de recuperación, que pasarán a realizarse durante o mes de xuño en lugar de principios de setembro como na actualidade. Este cambio terá efecto no curso 2021-2022, case con total seguridade.

A valoración que fai a FANPA sobre este cambio, non sendo necesariamente negativa, incide en dous aspectos moi preocupantes, a falta total de diálogo coas familias e a ausencia de actividade docente alternativa para o alumnado que superou as materias nas avaliacións ordinarias do curso. Ademais cumpre sinalar que non hai datos que avalen que este cambio sexa beneficioso para o alumnado en termos dos seus resultados. 

Desde a ANPA do IES Rosalía de Castro transmitímoslle á FANPA a nosa disposición a colaborar e participar nas actuacións que colectivamente consideremos necesarias. Se xurde demanda de debate ou negociación por parte das familias, a ANPA do IES Rosalía de Castro ofreceuse a servir como enlace coa FANPA.

+info

Compostela, a 20 de maio de 2021

xoves, 17 de decembro de 2020

Demanda de mellora da comunicación do profesorado cos pais e nais

Transcorrido case un trimestre deste curso 2020/2021, as restricións e condicionamentos derivados da COVID está tendo consecuencias negativas na comunicación das nais e pais co profesorado dos nosos fillos/as. O sistema do ABALAR estase demostrando unha ferramenta moi pouco apropiada para esta finalidade. 

Esta preocupación, que nos fan chegar pais e nais, foille trasladada á dirección do centro coa demanda de que se arbitren, coa maior celeridade posible, medidas para mellorar as canles de comunicación co profesorado, o que redundaría en beneficios de todos. 



Aprazamento da Asemblea Ordinaria 2019

Estimados socios,

Estimadas socias,

Segundo o establecido nos Estatutos da Asociación de nais e pais do alumnado do IES Rosalia de Castro, a asemblea anual ordinaria da Asociación debe celebrarse no último trimestre do ano.  Este ano, debido ás circunstancias actuais, e despois de valorar posibles alternativas, a Xunta Directiva considerou oportuno aprazar a súa celebración, coa previsión de poder convocar dita Asemblea no mes de xaneiro,  condicionado, en todo caso, a que as restricións das autoridades e as condicións sanitarias o permitan.

Agardamos a vosa compresión.