Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA?

Subscríbete seguindo as instrucións en: https://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/2017/05/inscricion-anpa-curso-2017-18.html

luns, 28 de novembro de 2016

II Feira de profesións: Participa!!

Cándo? LUNS 30 DE XANEIRO DE 2017 de 17:30 a 19:0
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).

Unha pequena mostra da I Feira (abril 2016)

Charla-café 30 nov: "Novos tempos na familias: Os cambios na adolescencia"

Como resultado dos traballos da Comisión NEAE (Necesidades Especiais) da Federación Galega de ANPAS "Compostela" e equipo, organízanse a seguinte charla en colaboración coa UMAD.
O mércores día 30, no IES de Sar ás 18:30 h.
  Tema: "Novos tempos na familias: Os cambios na adolescencia"

14 decembro: Xornadas A Parentalidade Positiva: O mellor legado para os fillos e fillas

As Xornadas de Parentalidade Positiva se van a levar a cabo en Galicia durante os meses de Novembro e Decembro. Estas contarán con dúas modalidades: para técnicos e profesionais, e para familias.
Convidámoslles a asistir as Xornadas para familias, poden atopar mais información en:

 

luns, 24 de outubro de 2016

Reunion intercambios francés (desde 3º ESO)

O departamento de francés convoca aos pais e alumnos interesados nos intercambios curtos e longos de francés co Colexio Saint François Xavier de Vannes (Bretaña) a unha reunión informativa que terá lugar o xoves 27 de octubre na aula 14 da planta baixa ás 20h.

sábado, 22 de outubro de 2016

Formulario inscrición actividades extraescolares

Aínda estades a tempo de participar nas actividades extraescolares. Para iso, tendes que encher o seguinte formulario:

Información intercambios francés

O venres 21 de outubro houbo unha reunión organizada polo departamento de francés para organizar o intercambio de francés dos rapaces de 3º e 4º ESO co Colexio Saint François Xavier de Vannes (Bretaña).

Haberá dous tipos de intercambios: o curto e o longo.

INTERCAMBIO LONGO:
6 prazas
Os franceses virán maio-xuño 2017 (2 meses)
Os nosos rapaces irán dende a última semana de agosto 2017 ata mediados de outubro 2017. Podería aproveitarse que os franceses veñen de intercambio curto o 12 de outubro para facer con eles a viaxe de volta. Tamén é posible facer un intercambio máis longo.
Prezo: o da viaxe

INTERCAMBIO CURTO:
20 prazas
Os franceses virán do 12 ao 19 de outubro de 2017
Os nosos rapaces irán: na semana santa de 2018 a París (5 noites) e despóis a Vannes (7 noites), collendo só os 4 días lectivos posteriores a semana santa.
Prezo:entre 850 e 900€ a pagar en 3 cotas de 300€, 300€ e a terceira dependerá do recadado con: lotería, libros, pasteis e produtos Casal Cotón. 

Todos os interesados deben falar coa xefa do departamento de Francés Carmen Maril ou co director durante esta semana (última de outubro).

Composición da ANPA (19/10/2016)

O 19 de outubro de 2016 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
Presidenta: María José Carreira
Vicepresidente: José Ramón Estévez
Secretaria: Isabel Mancebo
Tesoureiro: Ernesto Saavedra
Vogal representante no Consello Escolar: Suso Fernández
Vogais: Nieves Bernal, Carmen Dourado, Lourenzo Fernández, Pilar Fernández, Pilar González, Lourdes Gulías, Manuel Midón

xoves, 13 de outubro de 2016

Asemblea xeral da ANPA

Curso 2016/2017

Convocatoria
I ASAMBLEA XERAL DA ANPA IES ROSALIA DE CASTRO

Convócanse a todos os socios da ANPA do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a I Asamblea Xeral da ANPA do curso 2016-17, a celebrar o 
Día: 19 de outubro de 2016
Hora: 20.30 h
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula por determinar (preguntar aula en conserxería).

ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da acta anterior
2. Aprobación contas curso 2015-16
3. Renovación vacantes directiva*
4. Actividades extraescolares curso 16-17
5. Rolda aberta de intervencións

*Hai dous postos de vogais vacantes na directiva. Os interesados deben enviar un correo electrónico ao enderezo anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es ou ben presentarse directamente na asemblea xeral.

Documentos:

venres, 30 de setembro de 2016

SEMANA INFORMATIVA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (3-7 OUTUBRO)

Estimad@s nais e pais,
Ao comezar as actividades extraescolares programadas pola ANPA, imos facer a primeira semana de outubro sesións informativas para que os rapaces e/ou nais/pais que teñan dúbidas poidan informarse sobre elas.
Os horarios de información de actividades serán os seguintes:
-Técnicas de estudo: Luns 3 de outubro 20:30 Aula 14 pranta baixa.
-Taller de oratoria: Martes 11 de outubro 18:30 Aula 10 pranta alta
-Taller de robótica e programación: Xoves 6 de outubro 18:30 aula 1 de informática
-Urban dance: xoves 6 de outubro 18:30 na aula anexa ao pavillón
-Danza moderna: venres 7 de outubro 16:30 
na aula anexa ao pavillón

Os profesores responderán ás dúbidas que prantexedes e, no caso que o horario sexa flexible (oratoria e programación), adaptarase á maioría.

En calquera caso, se estades interesados nalgunha actividade, cubride o formulario de inscrición on-line dende a nosa web: 

para que poidamos ter unha estimación de número de alumnos e vos poidamos avisar de cambios nas mesmas.

xoves, 22 de setembro de 2016

Actividades extraescolares organizadas pola ANPA

Estimadas nais e pais,
As actividades que temos programado para este curso son as seguintes, esperando que sexan do voso interese:

Día/Hora
Actividade
Comentarios
Martes
18:30-19:30
Día/Horario adaptable
Taller de oratoria
Eloqüencia Escuela de oratoria
Grupos de 8-10   persoas
Custe: 40€/mes
Horario adaptable
Xoves ou venres
18:30 a 19:30
(adaptable)
Taller de robótica, programación, drons
e impresión 3D
PlayCode Academy
9-15 persoas
Custe: 18€/mes
Horario e nivel adaptables
Xoves
18:30 a 19:30
Danza Urbana
IB Urban Dance Studio
Mínimo: 8 persoas
12€/mes
Venres
16:15 a 17:15
Técnicas de estudo
Alberto Armada, psicopedagogo
10-15 persoas
Custe: 16€/mes
Venres
16:30 a 17:30
Danza moderna
Silvia Miramontes, coreógrafa e bailarina
Mínimo: 8 persoas
Custe: 20€/mes

Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario antes do 1 de outubro:
As actividades comezarán en outubro, sendo a primeiro semana de presentación da actividade para tod@s @s interesad@s e, de ser posible, adaptación do horario. Se non estás segur@, podes vir o primeiro día para ver en qué consiste.
Forma de pago: A forma de pagamento xeral será por trimestre anticipado á conta da ANPA en ABANCA: ES41 2080 0300 8930 4009 3347 indicando no concepto: Nome actividades-Nome alumn@.
Enviarase o xustificante da transferencia por correo-e a anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es. No caso de non ser posible, introducirase unha copia no buzón da ANPA ao carón da secretaría do Instituto.
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2016/17 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.
Pode abonarse no mesmo número de conta indicando no concepto Cota da ANPA-Apelidos Familia.


martes, 20 de setembro de 2016

I XORNADA DA DIVERSIDADE

O próximo sábado 24 de setembro pola mañá, na Cidade da Cultura, a comisión de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) da Federación de ANPAS de Compostela organiza a
I Xornada da Diversidade
É unha xornada interesante, enfocada ao aspecto máis práctico do tratamento das NEAE, cunha duración non moi longa, só ocupará a mañá do sábado, e na que as crianzas poderán estar atendidas na ludoteca gratuíta que organizaremos tamén.

Conferencia do pedagogo Francesco Tonucci

O próximo 23 de setembro ás 19h terá lugar a conferencia do pedagogo Francesco Tonucci:
A CIDADE DAS NENAS E DOS NENOS: UNHA NOVA FILOSOFÍA DE GOBERNO DA CIDADE
A conferencia celebrarase no Salón de Actos do IES Rosalía de Castro

luns, 1 de agosto de 2016

Publicado RD sobre avaliacións finais de ESO e Bacharelato


Real Decreto 310/2016, de 29 de julio, por el que se regulan las evaluaciones finales de Educación Secundaria Obligatoria y de Bachillerato
Texto no BOE

sábado, 9 de xullo de 2016

Novidades libros de texto 16-17

Acaban de avisarnos do Instituto que, para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º ESO, NON se usará libro. 
Actualizarán o listado da páxina web en breve.

sábado, 2 de xullo de 2016

Mercadillo virtual - libros de texto curso 2016-2017

Espazo para a OFERTA/DEMANDA de libros de texto de segunda mano e en bo estado válidos para o curso 2016-17 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro.
A ANPA NON recollerá os libros do banco de libros anterior, dado que a maioría non son válidos para o próximo curso e non temos capacidade de persoal para facer a recollida.
Só libros que NON pertenzan ao banco solidario da Xunta de Galicia e NON pedidos a través das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas peticións as tramita directamente o Instituto.
Este é un espazo de contacto para as persoas interesadas en doar/vender/solicitar libros. Unha vez incluída a oferta como comentario a esta entrada, serán os propios interesados os que contacten entre sí. A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.
Por implantación da LOMCE en tódolos cursos (ESO e BACH), a maioría dos libros renovaranse no curso 2016-17. 



INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR NO MERCADILLO:
Os libros poden doarse ou venderse, sendo o precio recomendado de 10€ se están novos ou 5€ se están escritos/subraiados (o prezo novo é arredor de 30€).

1. Revisa a lista de libros que podes doar/vender/comprar e só pon oferta/demanda destes libros:
        -1º ESO: Bioloxía/Xeoloxía e Francés
        -2º ESO: Francés
        -3º ESO: Francés e Alemán
        -4º ESO: Francés e Mathematics*
        -1º BACH: inglés, alemán e latín
        -2º BACH: inglés

* O libro de Mathematics de 4º de ESO cambia de ano de edición e de ISBN pero a profesora que imparte esta materia indicou que os cambios son mínimos e que a ela non lle importa que os alumnos teñan a edición vella (2013). Polo tanto pode engadirse á lista de libros de ESO que se poden reutilizar.

2. Le os comentarios que deixaron máis persoas debaixo desta noticia, pode que xa encontres o que queres!

3. Se xa encontras algunha mensaxe que se axuste á túa oferta ou demanda, resposta a él ou ponte en contacto coa persoa que oferta/demanda. 
Se non encontras mensaxes que se axusten á túa oferta ou demanda, FAI O TEU ANUNCIO AQUÍ - DEIXA O TEU COMENTARIOIMPORTANTE: deixa número de teléfono ou correo-e de contacto e indica claramente o que ofreces e a qué prezo ou o que demandas. 

4. Se deixaches un anuncio e xa non tes os libros dispoñibles, por favor indica "ADXUDICADOS" como resposta á túa entrada para eliminalo dos comentarios.

Calquera comentario ou suxestión á ANPA para optimizar este espazo é ben recibido. Grazas!!
A páxina manterase activa ata que comece o curso, para que en setembro poida facerse outra rolda de intercambios.

venres, 1 de xullo de 2016

Rematou o campus STEM IESRosalía

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)



Organizado pola ANPA en colaboración coa Universidade de Santiago (USC) do 27 de xuño ao 1 de xullo. Dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro.

Esperamos que todos desfrutarades da experiencia! Grazas á USC pola súa implicación!

luns, 27 de xuño de 2016

Inicio Campus STEM IESRosalía

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)


Organizado pola ANPA en colaboración coa Universidade de Santiago (USC) do 27 de xuño ao 1 de xullo. Dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro.

luns, 13 de xuño de 2016

Novidades Campus STEM

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza un Campus Científico do 27 de xuño ao 1 de xullo.
O campus estará dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro e consistirá en actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER NOS CENTROS

O Campus será inaugurado o luns 27 ás 9:30 polo Vicerreitor de Coordinación da USC

Recordade que o luns unha das actividades desenvólvese na Selva Negra, no entorno do Monte Pedroso, polo que debedes levar roupa e calzado axeitado.


What is #STEM and why is it important?http://www.ed.gov/stem
https://www.desafiostem.com/
https://stembyme.com/


domingo, 12 de xuño de 2016

Fondo solidario de libros de texto 2016/2017 da Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Orde no DOGA

O prazo remata o 23 de xuño de 2016.

venres, 10 de xuño de 2016

14 xuño: Conferencia e mesa redonda: "O camiño matemático cara os Oscars"

Para tod@s os que vos preguntedes qué hay detrás das películas de animación, o congreso ECMI 2016 organiza esta actividade de divulgación aberta ao público (ata completar aforo) e con tradución simultánea, que pretende mostrar, de modo asequible á cidadanía, algún dos segredos na simulación de efectos visuais nas artes cinematográficas.
Data: 14 de xuño de 20h a 22h
Lugar: Auditorio Abanca de Santiago de Compostela
Moderador: Jorge Mira, profesor USC e divulgador científico
  • Conferencia principal: Joseph M. Teran. University of California, Los Angeles, USA. “Snow Business: Scientific Computing in the Movies and the Classroom”. Una de las principales autoridades mundiales en el campo de la creación de efectos visuales en el cine. Colaborador de Walt Disney Animation Studios, responsable de los efectos de nieve de la película "Frozen", ganadora de dos premios Óscar y un Globo de Oro, entre otros galardones.
  • Mesa redonda: 
    • Joseph M. Teran. UCLA, USA. 
    • Xenxo Álvarez. The Gearing / Ottiplanet: “Tendencias en el desarrollo de personajes para películas de animación y videojuegos”
    • Ignacio Vargas. Next Limit Technologies: "Animaciones basadas en la física de alta calidad para vídeojuegos". Es uno de los creadores de la empresa Next Limit, mundialmente reconocida por la creación de efectos especiales relacionados con el agua y, específicamente, por su contribución a las artes cinematográficas ("El señor de los anillos: el retorno del rey", "Matrix reloaded")

xoves, 2 de xuño de 2016

STREET TENNIS, NINGUÉN SEN TENIS

Data: 11 de xuño entre 17h e 20h
Lugar: Praza da Quintana
Organiza: Fundación USC Deportiva conxuntamente coa Fundación Juan Carlos Ferrero e a Fundación Deporte Joven do Consejo Superior de Deportes
O evento será totalmente gratuíto.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Só tendes que achegarvos e alí vos informarán de qué maneira podedes participar e en qué consiste o evento.

Conferencia Educación Sexual Federación ANPAS Compostela


Conferencia: EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE
Datamartes 7 de xuño ás 18:00h
Lugar: Biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago, na Avda Xoán XXIII
Organiza: Federación ANPAS de Compostela e Concello de Santiago


Esta conferencia vai dirixida a nais e pais é consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que tratan de reflexionar sobra a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.
Educar na igualdade e na diversidade non sempre é cousa sinxela, pero a Educación Sexual perfílase como unha ferramenta eficaz que permite entender a diversidade dos sexos e as súas interaccións, para así construír relacións sans, igualitarias e facer as vivencias de cada quen positivas. O obxectivo deste encontro é que cada un/ha de nós atopemos as chaves para educar ás nosas crianzas do xeito que cremos mellor.
A entrada é libre e non precisades inscribirvos, pero se queredes traer ás vosas crianzas, para as que teremos organizado un servizo de ludoteca, necesitamos sabelo de antemán. Podedes comunicalo a anpascompostela@gmail.com.

martes, 31 de maio de 2016

Charlas informativas sobre Bacharelato Internacional

O Instituto organiza dúas charlas informativas sobre o programa do Bacharelato Internacional:
  1. Para alumn@s do Instituto Rosalía de Castro: Martes 31 de maio 18:30, aula 14 planta baixa.
  2. Para alumn@s procedentes doutros centros: Xoves 2 de xuño 18:30, aula 14 planta baixa.
Información na web do Instituto: http://iesrosalia.net

luns, 30 de maio de 2016

Concerto Solidario cos Refuxiados


Data: Mércores 1 de xuño ás 19h
Lugar: Auditorio do Instituto Rosalía de Castro

Organizado por: alumnado de 1ºBacharelato Internacional en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago (CMUS)

As entradas véndense anticipadamente no Instituto e tamén estarán á venda o mesmo día desde as 18 horas na porta principal do Instituto.

Os prezos das entradas son:

  • 4 euros entrada xeral
  • 2 euros entrada para o alumnado
  • “FILA 0” (donativo no caso de non poder asistir)

A recaudación será Integra para refuxiados e será xestionada pola ONG “Causas comúns” (http://www.causascomuns.org/)


martes, 10 de maio de 2016

Campus STEM IESRosalía

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza un Campus Científico do 27 de xuño ao 1 de xullo.
O campus estará dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.
Custe: O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
  1. Descargar o Formulario de autorizaciónsEncher tódolos apartados deste documento, imprimilo e asinalo.
  2. Realizar unha transferencia de 50€ (socios da ANPA) ou 65€ (non socios) ao número de conta da ANPA en ABANCA: ES41 2080 0300 8930 4009 3347 indicando no concepto: Campus STEM-Nome alumn@.
  3. O documento asinado e o xustificante de transferencia deben introducirse nun sobre etiquetado ANPA: Campus STEM e entregalo na Conserxería do IES Rosalía de Castro.


venres, 29 de abril de 2016

Actuación do grupo de baile moderno do Rosalía no XI Certame Compostela en Danza

Magnífica actuación do grupo de baile moderno do Rosalía no XI Certame Compostela en Danza, celebrado o pasado domingo 29 de maio no Auditorio de Galicia. 

Parabéns ás bailarinas e bailaríns e máis á súa profesora Silvia Miramontes!

Fotos facilitadas polo concello de Santiago no seu sitio de internet, onde podedes apreciar outras fotos do magnífico espectáculo: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14623
Animádevos a participar o próximo curso!

martes, 26 de abril de 2016

Feira das Profesións

Onte tivo lugar A Feira das Profesións no IES Rosalía de Castro

Queremos agradecer dende a ANPA a participación desinteresada dos casi 70 profesionais de tódalas áreas que atenderon as inquedanzas dos estudantes sobre o seu futuro profesional.
Tamén agradecemos a grande colaboración por parte da dirección do Instituto para levar a cabo con éxito esta tarefa.


Como de todo se aprende, esperamos os vosos comentarios!
GRAZAS!



GALERÍA DE FOTOS