Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

xoves, 21 de abril de 2016

25/04: I FEIRA DAS PROFESIÓNS

I FEIRA DE PROFESIÓNS

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
A feira pretende ser un encontro informal entre os profesionais e os estudantes, para que nun diálogo aberto poidan resolver as dúbidas sobre o exercicio profesional e posibles itinerarios de formación tanto universitaria como de ciclos superiores.

Grazas a tódolas persoas que colaboran desinteresadamente, a Feira contará con case 70 profesionais de tódalas áreas.

Cándo? 25 de abril de 17:30 a 19:30
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO do IES Rosalía

Teremos 7 aulas, cada unha dedicada a unha área de coñecemento cun número aproximado de 10 profesionais, e entre elas rotarán os estudantes: 
-Aula Arte e Deseño
-Aula Arquitectura, Enxeñaría e Estudos técnicos
-Aula Ciencias Experimentais e Matemáticas
-Aula Ciencias da Saúde
-Aula Ciencias Sociais I
-Aula Ciencias Xurídicas, Administración e Seguridade
-Aula Humanidades e Ciencias Sociais II


Descarga o Folleto da Feira

Ningún comentario:

Publicar un comentario