Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

venres, 22 de decembro de 2017

III Feira das profesións. PARTICIPA!!

Cándo? LUNS 29 DE XANEIRO DE 2018 de 17:30 a 19:00
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).

Unha pequena mostra da I Feira (abril 2016)

xoves, 21 de decembro de 2017

Extraescolares 2º trimestre

Para inscribirvos, debedes encher o seguinte formulario e recibiredes un correo electrónico coa forma de pagamento. Os que continuedes do trimestre anterior, só tedes que avisar enviando un correo-e a anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
  • Makers: innovación para cambiar o mundo (electrónica, ciencia, robótica, programación,...)
    • Os xoves de 18:30 a 20:00 (1 hora e media) na Aula de Tecnoloxía
    • Custe: 45€/mes incluíndo o material do proxecto 
    • Especialmente recomendada para os rapaces e rapazas que teñen que presentar o proxecto de tecnoloxía de 2º ESO a final de curso. Taller de desenvolvemento de proxectos dende a idea inicial, para que os alumnos aprendan a deseñar un proxecto para resolver un problema, aprendan a traballar en equipo, a repartir as tarefas dentro do equipo, e utilicen a tecnoloxía para desenvolver un prototipo final utilizando a electrónica, ciencia, robótica, programación, ... 
    • Haberá ao principio do trimestre unha xornada de demostración.
  • Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes: 
    • Os venres de 16:30 a 17:30 na aula 8 planta baixa
    • Custe: 50€ o trimestre completoObradoiro de fotografía onde se explicarán as técnicas básicas de fotografía e se aplicarán a nivel práctico e lúdico coas inquietudes que precisen os alumnos. 
  • Xadrez: 
    • Os martes de 13:30 a 14:30 na aula 4 planta baixa
    • Custe: 45€ o trimestre completo

venres, 24 de novembro de 2017

Composición da ANPA (19/10/2017)


O 19 de outubro de 2017 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
  • Presidenta: María José Carreira
  • Vicepresidente: José Ramón Estévez
  • Secretaria: Isabel Mancebo 
  • Tesoureiro: Ernesto Saavedra
  • Vogal representante no Consello Escolar: Suso Fernández
  • Vogais: Alfonso Carballo, Carmen Dourado, Lourenzo Fernández, Pilar Fernández, Pilar González, Manuel Midón, Sonia Veiras
 

venres, 20 de outubro de 2017

Charla "Vocacións tecnolóxicas e saídas profesionais"


A próxima semana virá Fernando Suárez, presidente do colexio profesional de enxeñaría informática de Galicia (CPEIG), a impartir dúas charlas no Salón de Actos do Instituto.

A charla consistirá en poñer en coñecemento dos rapaces e rapazas as saídas laborais no entorno STEM (Ciencia, Enxeñaría, Tecnoloxía e Matemáticas), con especial foco na enxeñaría informática e a demanda de profesionais no sector nos próximos anos.

Martes 24 oct 17:40-18:30: alumnos de 1º-2º ESO na última hora de clase
Xoves  26 oct 17:40-18:30: alumnos de 3º-4º ESO na última hora de clase

Ademais, poderán asistir calquera dos días os alumnos de bacharelato e as nais e pais.


venres, 13 de outubro de 2017

Asemblea Xeral ANPA

Curso 2017/2018
Convocatoria
I ASAMBLEA XERAL DA ANPA IES ROSALIA DE CASTRO
Convócanse a todos os socios da ANPA do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a I Asamblea Xeral da ANPA do curso 2017-18, a celebrar o 
Día: 19 de outubro de 2017
Hora: 20:00 h en primeira convocatoria, 20:30 en segunda convocatoria
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula 14 PB (Planta Baixa)
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da acta anterior
2. Aprobación contas curso 2016-17
3. Renovación vacantes directiva*
4. Actividades extraescolares curso 17-18
5. Rolda aberta de intervencións

*Hai un posto de vogal vacante na directiva. Os interesados deben enviar un correo electrónico ao enderezo anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es ou ben presentarse directamente na asemblea xeral.
Documentos:

Aulas Extraescolares 1º trimestre 2017/18

Actividades que se están desenvolvendo o primeiro trimestre
  • Técnicas de estudo 1º-2º ESO (25 alumnos): Aula 4 planta baixa
  • Makers (7 alumnos): Aula de Tecnoloxía
  • Fotografía (15 alumnos): Aula 8 planta baixa

venres, 15 de setembro de 2017

Semana de portas abertas extraescolares (18-22 setembro)

A próxima semana (18-22 setembro), os rapaces e rapazas interesados nalgunha das actividades extraescolares que tiveron máis demanda, poderán asistir a unha xornada de demostración/explicación da actividade por parte do monitor encargado.

As datas e horarios das sesións son:
-Técnicas estudo 1º-2º ESO (martes 19 13:30)
-Fotografía (mércores 20 16:30)
-Técnicas estudo 3º-4º ESO (xoves 21 13:30)
-MAKERS (programación, robótica, electrónica): xoves 21 18:30

Preguntade en portería polas aulas nas que se desenvolverán as sesións.

Os monitores vos darán toda a información que precisedes sobre o desenvolvemento da actividade durante o primeiro trimestre.

Todos os rapaces e rapazas inscritos polo de agora están admitidos.
Para os que todavía queran inscribirse, o formulario segue aberto no noso blog.
Non se programarán, por falta de demanda, as actividades de "Danza Urbana" e "Taller de escritura creativa"

luns, 11 de setembro de 2017

Xornada de exhibición extraescolar MAKERS


O próximo xoves 21 ás 18:30, Vermislab organiza unha xornada de exhibición da actividade MAKERS programada pola ANPA para o primeiro trimestre. 
Desenvolverase un proxecto utilizando habilidades de electrónica, programación, robótica e ciencia.
Animádevos a participar!

venres, 1 de setembro de 2017

Extraescolares curso 2017-18 (ampriado prazo de preinscrición)

Dado que non hai moitos inscritos, aumentamos o prazo para programar as actividades que conten cun número suficiente de persoas ata o 17 de setembro. Os horarios son máis ou menos fixos pero poden modificarse, polo que debedes fixarvos máis na actividade que no horario da mesma, únicamente queremos saber se hai interese pola vosa parte.
NÚMERO DE INSCRITOS A 11 de SETEMBRO:
  • Urban Dance: 2 preinscritos.
    • Actividade de danza urbana a desenvolver durante todo o curso
  • Técnicas de estudo 1º-2º ESO (1º trimestre): 20 preinscritos.
  • Técnicas de estudo 3º-4º ESO (1º trimestre): 4 preinscritos.
    • Proporcionarase aos alumnos as principais técnicas para abordar o estudo das materias de maior dificultade, aprender a xestionar o seu tempo e facer un estudo eficiente.
  • Makers: innovación para cambiar o mundo (electrónica, ciencia, robótica, programación,...): 5 preinscritos.
    • Taller de desenvolvemento de proxectos dende a idea inicial, para que os alumnos aprendan a deseñar un proxecto para resolver un problema, aprendan a traballar en equipo, a repartir as tarefas dentro do equipo, e utilicen a tecnoloxía para desenvolver un prototipo final utilizando a electrónica, ciencia, robótica, programación, ... Desenvolverase na aula de tecnoloxía do instituto. Esta actividade organizarase o 1º trimestre. 
  • Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes: 8 preinscritos.
    • Obradoiro de fotografía onde se explicarán as técnicas básicas de fotografía e se aplicarán a nivel práctico e lúdico coas inquietudes que precisen os alumnos. Esta actividade organizarase o 1º trimestre. 
  • Obradoiro de escritura creativa: 2 preinscritos.
    • Esta actividade non ten unha data fixa. Se hai interese se programará de acordo cos interesados.
Máis información en: https://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/2017/06/preinscricion-actividades.html

martes, 20 de xuño de 2017

Preinscrición actividades extraescolares curso 2017/18

Estimadas nais e pais,
As actividades que temos programado para o próximo curso son as seguintes, esperando que sexan do voso interese:
Día/Hora
Actividade
Comentarios
Luns
18:30-19:30
Danzas Urbanas
Mínimo: 8 persoas
36€/trimestre
Martes
13:30 a 14:30
(só 1º trimestre)
Técnicas de estudo-1º-2º ESO
10-15 persoas
Custe: 48€/trimestre
Xoves
13:30 a 14:30
(só 1º trimestre)
Técnicas de estudo-3º-4º ESO
Alberto Armada, psicopedagogo
10-15 persoas
Custe: 48€/trimestre
Xoves
18:30 a 20:00
1º trimestre
*Makers: innovación para cambiar o mundo (electrónica, ciencia, robótica, programación,...)
10-15 persoas
Custe: 45€/mes (inclúe material)
Venres
16:30 a 17:30
1º trimestre
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
10-15 persoas
Custe: 50€/trimestre

A acordar entre os interesados
*Obradoiro de escritura creativa
Carlos Negro,escritor
10-15 persoas
As actividades marcadas cun * programaranse o segundo e tercer trimestre dependendo da demanda.
Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario. Caso de interesarvos a actividade pero non o horario, existe un campo no formulario para indicalo. Se vos interesan outro tipo de actividades que se poidan programar, tamén podedes encher o formulario.
Para preinscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario antes do 15 de xullo de 2017:
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2017/18 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.

  • Ademais destas actividades, o Instituto organiza a aula de teatro e a orquestra do instituto, para o que debedes preguntar en Secretaría ao inicio do curso.
  • No Instituto tamén entrena o Clube de Baloncesto Fedesa. Preguntade no clube sobre as inscricións.
  • Balonmán Ribadosar para nados ente os anos 2000 e 2005 (ambos incluídos). Comezará o 4 de setembro. Información na páxina do clube.

xoves, 15 de xuño de 2017

Intercambio de libros curso 17/18

A ANPA pon en marcha un sistema on-line de intercambio de libros para aquelas familias que non sexan beneficiarias do banco solidario de libros da Xunta de Galicia nin das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas solicitudes as tramita directamente o Instituto.
O procedemento será o seguinte:
PRIMEIRO PASO: Enche o FORMULARIO ON-LINE DE INTERCAMBIO (facendo clic no enlace amarelo anterior) indicando os libros que cedes e os que se solicitas. Moi importante: poñer un correo-e de contacto que consultes habitualmente.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: O formulario estará aberto ata o 1 de xullo 2017
FAMILIAS CON VARIOS FILLOS: Débese cubrir un formulario para cada un deles.
E DESPOIS? Enviaremos por correo-e a cada familia solicitante de libros o listado de contactos das familias que os ceden para o curso solicitado. Despois serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os posibles cambios/cesións. A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.

Podes consultar o listado de libros para o curso 2017-18 na web do Instituto:
http://iesrosalia.net/index.php/docencia/informacion-academica/libros-de-texto 

mércores, 14 de xuño de 2017

Campamentos FEDESA

Un ano mais a Fundación FEDESA, na que participa o IES Rosalía de Castro, organiza o
SANTIAGO!! URBAN SUMMER CAMP
Do 26 de xuño ao 31 de xullo.
Toda a información no díptico informativo a través do seguinte enlace: DÍPTICO
Dende FEDESA nos recordan que aos membros da ANPA non se lles cobrará o importe de matrícula.
 
Outras actividades organizadas por FEDESA:
  • Rosalía Minicamp (26-30 xuño): DÍPTICO
  • Naturbasket Rosalía (22-29 xullo): Tríptico
 Toda a información na web do clube: rosaliafedesa.com

Vacantes II Campus STEM

II Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

Dado que hai 4 vacantes, ampliamos a oferta para os alumnos dende 3º ESO a 2º bacharelato que queiran asistir ao campus.
Toda a información está no seguinte enlace:
http://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/2017/06/ii-campus-stem-ies-rosalia-admitidos.html

xoves, 8 de xuño de 2017

Reunión informativa sobre Bacharelato Internacional


O próximo martes, 13 de xuño, ás 18:30 na Aula 14 da planta baixa do instituto terá lugar unha reunión informativa sobre o bacharelato internacional

xoves, 1 de xuño de 2017

II Campus STEM IES Rosalía (admitidos e vacantes)

II Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza a segunda edición do Campus Científico do 26 ao 30 de xuño de 2017.
O campus estará dirixido a 20 alumnos a partir de 3º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.
Custe: O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata rematar as prazas).

LISTA DE ADMITIDOSOs alumnos admitidos en primeira ronda teñen ata o 9 de xuño incluído para facer o pagamento e enviar a documentación, noutro caso perderán a praza. Se estás admitido/a e non vas poder asistir, avisa canto antes a anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es indicando no Asunto: Baixa Campus STEM.

Cómo inscribirse se estou na lista de admitidos? 
  1. Descargar o Formulario de autorizaciónsEncher tódolos apartados deste documento, imprimilo e asinalo.
  2. Realizar unha transferencia de 50€ (socios da ANPA) ou 65€ (non socios) ao número de conta da ANPA en ABANCA: ES41 2080 0300 8930 4009 3347 indicando no concepto: Campus STEM-Nome alumn@.
  3. O documento asinado e o xustificante de transferencia deben introducirse nun sobre etiquetado ANPA: Campus STEM e entregalo na Conserxería á entrada do IES Rosalía de Castro.
Nos seguintes enlaces podedes ver imaxes da I edición do Campus e o programa de actividades:



 

mércores, 31 de maio de 2017

Gala Solidaria contra a Desnutrición Infantil

O próximo 7 de xuño de 2017, ás 19h, os alumnos de 1º de Bacharelato Internacional, dentro da materia CAS (Creatividade, Acitividade e Servizo) organizan a:
Gala solidaria contra a desnutrición infantil: A Fame ao redor do mundo
con diálogos e textos do libro "El Hambre", de Martín Caparrós e a colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
Consulta o Programa da Gala 
As entradas véndense anticipadamente e tamén estarán á venda o mesmo día dende as 18h na porta principal do IES Rosalía de Castro.
Prezos das entradas:
  • Entrada xeral: 4€
  • Entrada para o alumnado: 2€
  • Fila 0: Donativo en caso de non poder asistir
Os ingresos obtidos con esta gala doranse íntegros ás ONGs Médicos sen fronteiras e Mans Unidas


martes, 23 de maio de 2017

Fondo solidario de libros de texto Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Orde no DOGA

O prazo remata o 23 de xuño de 2017

xoves, 18 de maio de 2017

II Campus STEM IES Rosalía

II Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza a segunda edición do Campus Científico do 26 ao 30 de xuño de 2017.
O campus estará dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.
Custe: O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata o 31 de maio de 2017).
Unha vez pechado o período de inscrición, publicaremos a lista de admitidos e lista de agarda e abriremos o prazo de pagamento.
Nos seguintes enlaces podedes ver imaxes da I edición do Campus e o programa de actividades:



 

mércores, 10 de maio de 2017

II Campus Tecnológico USC-Play Code Academy

II edición do Campus Tecnolóxico de Play Code Academy desenvolvido nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
Dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos
Datas:
Un único turno do 26 ao 30 de xuño (de luns a venres)
(¡Plazas limitadas!)
Horario:
O horario (dos 5 días) será de 9:00 a 14:00.
Máis información e inscrición en: https://playcodeacademy.com/campus-tecnologico-usc/

xoves, 27 de abril de 2017

Campus USC: Verán CampUSC e Xuvenciencia

Desde a Fundación USC Deportiva organízase un ano máis o programa Verán CampUSC que vai dirixido a nenos e nenas entre 3 a 13 anos de idade. É un programa de conciliación familiar e laboral para os meses de xuño, xullo e setembro. Esta será a novena edición deste programa que conta cunha valoración moi elevada entre as familias participantes.
O horario do programa será desde as 08:45 ata as 14:45 horas (coa excepción dun día por quenda que asistirán ao Parque Acuático de Cerceda e voltarán ás 17:45 horas). Desenvolveranse múltiples actividades deportivas, culturais, de ocio e tempo libre, en favor da igualdade e serán impartidas por personal titulado tanto en ocio e tempo libre coma con titulacións deportivas.
Máis información en:  www.fundacionuscdeportiva.org




V Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo 
Cando e onde ten lugar? Do 2 ao 8 de xullo no Campus Terra de Lugo.
Quen pode participar? O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).
Preinscrición
O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 28 de abril ás 16:00h ata o luns 8 de maio ás 24:00h.
Toda a información en:  http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/
 

martes, 25 de abril de 2017

III Edición de Rapaciñ@s

6 de maio: III edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

O evento desenvolverase na Cidade da Cultura e inclué unha conferencia ás 17:30 do que vén de ser recoñecido coma un dos mellores profesores do mundo, David Calle, fundador de Unicoos e TOP10 no Global Teacher Prize 2017, ademais dunha serie de obradoiros tecnolóxicos para rapaces e rapazas con idades de 8 a 14 anos.
O acceso á conferencia é libre ata cubrir aforo. Para os obradoiros cómpre inscrición.
rapaciñas



















A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías. 
A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. Os talleres contan co apoio das empresas Arkitas Robótica e Tech Academy.
Cómpre levar ordenador para participar nos obradoiros e inscribirse previamente no seguinte formulario: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rapacins-2017-33613194971

Toda a información en: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/rapacins-tecnoloxia-ben-segura-0

Día Internacional das Rapazas nas TIC


O  vindeiro xoves, día 27 de abril, conmemórase o “Día Internacional das Rapazas nas TIC” (Girls in ICT Day), unha celebración promovida pola entidade International Telecommunications Union (ITU) co obxectivo de motivar as novas xeracións de rapazas para que consideren o eido das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Multitude de organismos e entidades en todo o mundo sumarán iniciativas con esa intención.
En Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), lidera a conmemoración co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e organiza un completo programa de actividades que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela co seguinte contido:
Coloquio virtual
Ás 11.00 horas, terá lugar un coloquio virtual por multiconferencia desde centros educativos con catro destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer no seu día a día, preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou sobre as motivacións persoais que as levaron a traballar neste ámbito.
Pola tarde (de 17:00 a 19:00H.), celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces) de entre 10 a 14 anos de idade. Ao comezo da mesma, presentarase o Movemento Code Girls Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Tech Academy.
Relacións de obradoiros prácticos:

  • Programación básica con Scratch, LEGO, Minecraft…
  • Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers organizado polo CPI O Cruce)
  • Creación de arte píxel-dixital
  • Demostracións prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
  • Visitas guiadas ao corazón do Superordenador Finis Terrae 2
As prazas son limitadas. Para inscribirse por favor cubride este formulario para que o CESGA teña o nome do asistente e confirme a praza antes do día 25 de abril.
Toda a información en: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/