Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

luns, 23 de xaneiro de 2017

II Feira das profesións

Por un erro no enlace no correo enviado aos socios da ANPA, o enlace se dirixe a esta páxina, correspondente á II Feira (2017)
O enlace á información da III Feira é o que segue:

III FEIRA DAS PROFESIÓNS


_____________________________________________________________________


Confirmada a participación de case 100 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o 30 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.
A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro. 
Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
  • Aula Arte e Deseño: arte dramático, belas artes (ilustrador, escultor), arquitectura, arquitectura efímera, deseño de produto, deseño de moda, director de orquesta e pianista 
  • Aula Enxeñarías: agronóma, enerxía, industrial, informática, telecomunicacións, química, topografía, forestal, estudos técnicos de ciclo superior
  • Aula Ciencias Experimentais e Matemáticas: bioloxía, física, matemáticas, química, técnico de laboratorio
  • Aula Ciencias da Saúde: enfermaría, farmacia, fisioterapia, medicina (oftalmólogo, radiólogo, neurocirurxán, investigador en xenética forense), odontoloxía, óptica, psicoloxía, veterinaria, etoloxía). 
  • Aula Ciencias Sociais I: economía, empresa, publicidade, turismo, xornalismo, comunicación audiovisual, xeografía, estudos de ciclo superior turismo, hostelería, tripulantes de cabina 
  • Aula Humanidades e Ciencias Sociais II: Políticas, Historia, Historia da Arte, Xeografía, arqueoloxía, información e documentación, filosofía, filoloxías, traducción, educación infantil e primaria, pedagoxía, traballo social, INEF 
  • Aula Ciencias Xurídicas e Seguridade: avogado, notario, criminoloxía, inspector de policía, policía, maxistrado, inspector de facenda, relacións internacionais

Presentación do libro de Jorge Mira (24 xaneiro, 12h)

O alumnado de 2º e 3º da ESO do Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago será o encargado de presentar o libro 
¿A que altura está o ceo? (Alvarellos Editora) de Jorge Mira
nun acto que se celebrará o martes 24 ás 12 horas no salón de actos deste centro docente
Participarán, ademais do autor, o director do IES, Ubaldo Rueda e o editor, Henrique Alvarellos. 

Os alumnos de 2º e 3º da ESO do Instituto están a traballar este curso, como complemento ás súas clases, cos contidos desta nova obra do científico Jorge Mira, un libro que vai xa pola súa segunda edición (máis de 1.000 exemplares vendidos) e foi, en 2016, un dos ensaios galegos máis lidos no país.
 
O instituto e a editorial fan extensiva a invitación a tódolos pais e nais que queiran asistir.
 

luns, 16 de xaneiro de 2017

II FEIRA DAS PROFESIÓNS: 30 XANEIRO 2017

Xa temos data para a II Feira das profesións.Será o 30 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.
PRECISAMOS NAIS/PAIS  DE DISTINTAS PROFESIÓNS PARA ORIENTAR AOS ESTUDANTES: enxeñeiros, médicos, biólogos, artistas, músicos, mestres, titulados de ciclos superiores, investigadores, economistas, matemáticos, químicos,...
TAMÉN PRECISAMOS ESTUDANTES de distintas titulacións e/ou ciclos superiores que poidan explicar cómo é cada estudo na actualidade. Especialmente os ex-alumnos do IES Rosalía, que seguro estarán encantados de vir.
Se queres participar, ponte en contacto con nós: (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).