Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

venres, 24 de febreiro de 2017

Intercambio inglés con Hockerill

Circular dirixida ao alumnado de 2º ESO interesado en facer un intercambio de 10 días ou de 6 semanas cos alumnos do Hockerill Anglo-European College, situado cerca de Londres.

Os alumnos interesados en participar deben entregar a seguinte ficha antes das 14h do 23 de marzo na Secretaría do Centro: FORMULARIO
O custe será de 700 € para o intercambio de 10 días e unha cantidade similar para o de 6 semanas.

Inmersión lingüística Irlanda e Reino Unido

Convocatoria da reunión

O mércores 22 de febreiro de 2017, ás 18:30h tivo lugar unha reunión informativa sobre inmersión lingüística en Irlanda e Reino Unido por parte da empresa Jump into English.

Para esta reunión o Instituto enviou circular aos estudantes que están estudiando actualmente 2º e 3º da ESO, para realizar a estancia o 1º trimestre ou o comezo (7 semanas) do curso 2017-18

O director informa de que en caso de ir un trimestre completo, os alumnos non terán que facer os exames da 1ª avaliación.

xoves, 2 de febreiro de 2017

II Feira das profesións: Imaxes

Onte tivo lugar a II Feira das Profesións no IES Rosalía de Castro

Queremos agradecer dende a ANPA a participación desinteresada dos casi 100 profesionais de tódalas áreas que atenderon as inquedanzas dos estudantes sobre o seu futuro profesional.
Tamén agradecemos a grande colaboración por parte da dirección do Instituto para levar a cabo con éxito esta tarefa.

Como de todo se aprende, esperamos os vosos comentarios!
GRAZAS!

En la prensa:
El Rosalía cita a casi 100 expertos para guiar el futuro de sus alumnos (El Correo Gallego, 31/1/2017)
La Feira das Profesións explica en el Rosalía salidas de futuro (La Voz de Galicia, 31/1/2017)

Unha pequena mostra da II Feira