Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

martes, 28 de marzo de 2017

Axudas MECD curso inmersión lingüística en inglés Bacharelato

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de convocar axudas para cursos de inmersión lingüística en inglés coas seguintes condicións:
  • Haber nacido entre el 1 de enero de 1997 y el 31 de diciembre del 2000.
  • Tener la condición de becario en el curso 2016/17 de la convocatoria general de becas de este Ministerio conforme a la Resolución de 11 de agosto de 2016 de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades por la que se convocan becas para estudiantes que cursen estudios postobligatorios (BOE de 13 de agosto).
  • Estar matriculado en el curso 2016/17 en:
    • Bachillerato
    • Enseñanzas profesionales de música y danza
    • Grado medio de Formación Profesional
    • Grado medio de artes plásticas y diseño
    • Grado medio de enseñanzas deportivas
    • Enseñanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado
  • Tener aprobado totalmente el curso inmediatamente anterior y haber obtenido en dicho curso una nota final mínima de 7,50 puntos en la asignatura de inglés.
  • Tendrán preferencia los solicitantes que hayan obtenido una puntuación superior en la asignatura de inglés. A esta nota se sumarán 1,5 puntos a los solicitantes de nueva adjudicación.
A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, asimesmo, debe aboar 100 euros á empresa organizadora.
PRAZO: DO 17 DE MARZO AO 20 DE ABRIL
Máis información na web do MECD:
http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998697/ficha/998697-2017

luns, 6 de marzo de 2017

Campus Científicos de Verán FECYT 2017

Con data 6 de mazo publicouse no BOE as bases da convocatoria de axudas para participar no programa "Campus Científicos de Verán".
O prazo de solicitudes vai do 7 de marzo ata as 15h do 24 de marzo de 2017. 
Páxina de información: http://www.campuscientificos.es/
No mes de xullo de 2017 levarase a cabo a 8ª edición do Programa Campus Científicos de Verán, iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que conta co apoio da Obra Social "la Caixa".
Co obxectivo de potenciar o interese dos estudantes de 4º ESO e 1º Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 2 e 29 de xullo de 2017.

Axudas campamentos inglés Xunta de Galicia

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de 1º ESO ata 2º Bacharelato.
Toda a información está en: http://www.edu.xunta.es/axudasle/ 
Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

Viaxe a Barcelona Clube lectura 3º e 4º ESO


O clube de lectura de 3º e 4º de ESO organiza unha viaxe a Barcelona con motivo da celebración do Día do Libro entre o 21 e o 24 de abril.
Realizaranse actividades de carácter cultural incluíndo visitas a museos e percorridos polas zonas literarias e artísticas da cidade.
Circular

Estadía en Rianxo

O departamento de Relixión organiza unha estadía de 3 días no Centro Pastoral de Rianxo para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato os días 19, 20 e 21 de abril.

 Circular