Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

xoves, 27 de abril de 2017

Campus USC: Verán CampUSC e Xuvenciencia

Desde a Fundación USC Deportiva organízase un ano máis o programa Verán CampUSC que vai dirixido a nenos e nenas entre 3 a 13 anos de idade. É un programa de conciliación familiar e laboral para os meses de xuño, xullo e setembro. Esta será a novena edición deste programa que conta cunha valoración moi elevada entre as familias participantes.
O horario do programa será desde as 08:45 ata as 14:45 horas (coa excepción dun día por quenda que asistirán ao Parque Acuático de Cerceda e voltarán ás 17:45 horas). Desenvolveranse múltiples actividades deportivas, culturais, de ocio e tempo libre, en favor da igualdade e serán impartidas por personal titulado tanto en ocio e tempo libre coma con titulacións deportivas.
Máis información en:  www.fundacionuscdeportiva.org




V Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo 
Cando e onde ten lugar? Do 2 ao 8 de xullo no Campus Terra de Lugo.
Quen pode participar? O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Temos un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).
Preinscrición
O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 28 de abril ás 16:00h ata o luns 8 de maio ás 24:00h.
Toda a información en:  http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/
 

martes, 25 de abril de 2017

III Edición de Rapaciñ@s

6 de maio: III edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

O evento desenvolverase na Cidade da Cultura e inclué unha conferencia ás 17:30 do que vén de ser recoñecido coma un dos mellores profesores do mundo, David Calle, fundador de Unicoos e TOP10 no Global Teacher Prize 2017, ademais dunha serie de obradoiros tecnolóxicos para rapaces e rapazas con idades de 8 a 14 anos.
O acceso á conferencia é libre ata cubrir aforo. Para os obradoiros cómpre inscrición.
rapaciñas



















A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías. 
A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. Os talleres contan co apoio das empresas Arkitas Robótica e Tech Academy.
Cómpre levar ordenador para participar nos obradoiros e inscribirse previamente no seguinte formulario: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rapacins-2017-33613194971

Toda a información en: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/rapacins-tecnoloxia-ben-segura-0

Día Internacional das Rapazas nas TIC


O  vindeiro xoves, día 27 de abril, conmemórase o “Día Internacional das Rapazas nas TIC” (Girls in ICT Day), unha celebración promovida pola entidade International Telecommunications Union (ITU) co obxectivo de motivar as novas xeracións de rapazas para que consideren o eido das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Multitude de organismos e entidades en todo o mundo sumarán iniciativas con esa intención.
En Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), lidera a conmemoración co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e organiza un completo programa de actividades que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela co seguinte contido:
Coloquio virtual
Ás 11.00 horas, terá lugar un coloquio virtual por multiconferencia desde centros educativos con catro destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer no seu día a día, preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou sobre as motivacións persoais que as levaron a traballar neste ámbito.
Pola tarde (de 17:00 a 19:00H.), celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces) de entre 10 a 14 anos de idade. Ao comezo da mesma, presentarase o Movemento Code Girls Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Tech Academy.
Relacións de obradoiros prácticos:

  • Programación básica con Scratch, LEGO, Minecraft…
  • Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers organizado polo CPI O Cruce)
  • Creación de arte píxel-dixital
  • Demostracións prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
  • Visitas guiadas ao corazón do Superordenador Finis Terrae 2
As prazas son limitadas. Para inscribirse por favor cubride este formulario para que o CESGA teña o nome do asistente e confirme a praza antes do día 25 de abril.
Toda a información en: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/