Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

martes, 25 de abril de 2017

III Edición de Rapaciñ@s

6 de maio: III edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

O evento desenvolverase na Cidade da Cultura e inclué unha conferencia ás 17:30 do que vén de ser recoñecido coma un dos mellores profesores do mundo, David Calle, fundador de Unicoos e TOP10 no Global Teacher Prize 2017, ademais dunha serie de obradoiros tecnolóxicos para rapaces e rapazas con idades de 8 a 14 anos.
O acceso á conferencia é libre ata cubrir aforo. Para os obradoiros cómpre inscrición.
rapaciñas



















A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías. 
A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. Os talleres contan co apoio das empresas Arkitas Robótica e Tech Academy.
Cómpre levar ordenador para participar nos obradoiros e inscribirse previamente no seguinte formulario: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rapacins-2017-33613194971

Toda a información en: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/rapacins-tecnoloxia-ben-segura-0

Ningún comentario:

Publicar un comentario