Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

venres, 22 de decembro de 2017

III Feira das profesións. PARTICIPA!!

Cándo? LUNS 29 DE XANEIRO DE 2018 de 17:30 a 19:00
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).

Unha pequena mostra da I Feira (abril 2016)

xoves, 21 de decembro de 2017

Extraescolares 2º trimestre

Para inscribirvos, debedes encher o seguinte formulario e recibiredes un correo electrónico coa forma de pagamento. Os que continuedes do trimestre anterior, só tedes que avisar enviando un correo-e a anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
  • Makers: innovación para cambiar o mundo (electrónica, ciencia, robótica, programación,...)
    • Os xoves de 18:30 a 20:00 (1 hora e media) na Aula de Tecnoloxía
    • Custe: 45€/mes incluíndo o material do proxecto 
    • Especialmente recomendada para os rapaces e rapazas que teñen que presentar o proxecto de tecnoloxía de 2º ESO a final de curso. Taller de desenvolvemento de proxectos dende a idea inicial, para que os alumnos aprendan a deseñar un proxecto para resolver un problema, aprendan a traballar en equipo, a repartir as tarefas dentro do equipo, e utilicen a tecnoloxía para desenvolver un prototipo final utilizando a electrónica, ciencia, robótica, programación, ... 
    • Haberá ao principio do trimestre unha xornada de demostración.
  • Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes: 
    • Os venres de 16:30 a 17:30 na aula 8 planta baixa
    • Custe: 50€ o trimestre completoObradoiro de fotografía onde se explicarán as técnicas básicas de fotografía e se aplicarán a nivel práctico e lúdico coas inquietudes que precisen os alumnos. 
  • Xadrez: 
    • Os martes de 13:30 a 14:30 na aula 4 planta baixa
    • Custe: 45€ o trimestre completo