Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

EXPERIMENTA: Tratamento de augas residuais

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

EXPERIMENTA: Tratamento de augas residuais
Responsables: Gumersindo Feijóo e Maite Moreira, Departamento de Enxeñaría Química

1. Tratamento primario de augas residuais: Floculación-Coagulación

Obxectivos: Coñecer o tratamento primario que se efectúa no tratamento de augas residuais nas estacións de depuración: eliminación de sólidos mediante separación física e sedimentación ou flotación.
O alumnado estudará a separación de sólidos dun vertido dunha industria láctea, definindo a dose óptima de floculante ou coagulante para atinxir unha boa clarificación do efluente.






2. Tratamento terciario de augas residuais: Eliminación de colorantes

ObxectivosCoñecer o tratamento terciario que se efectúa no tratamento de augas residuais nas estacións de depuración: eliminación de contaminantes de alto impacto ambiental.
Nesta actividade o alumnado estudará a eliminación dun colorante alimentario (Orange II) mediante un ozonizador a escala piloto. A problemática deste composto está na forte cor que lle da as augas, de xeito que impide pasar a luz e, polo tanto, pode levar a morte dos organismos presentes nos ecosistemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario