Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

EXPERIMENTA: Xincana de Bioloxía

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

EXPERIMENTA: Os microbios cos que convives

Obxectivos: Achegamento a unha das facetas da bioloxía: o laboratorio de microbioloxía.
Responsables: Ángeles Muñoz e Ysabel Santos

Temos moitos microbios no corpo, a maioría son bos. Só unha pequena parte dos microbios que coñecemos poden causar enfermedades, as infeccions, que se transmiten moi fácilmente entre as persoas. No laboratorio imos ver microbios das mans e da boca e tamén faremos un experimento de transmisión por contacto para

que vexades a importancia de lavar ben as mans, por exemplo, antes de comer.

Os resultados do experimento os veremos o venres entre 12:00 e 13:30.



EXPLORA: O abc dos solos
Obxectivos: Achegamento a unha das facetas da bioloxía: a análise de solos.
Responsables: Eduardo García-Rodeja e Xabier Pontevedra

O solo é un dos recursos naturais máis importantes do planeta que, xunto coa auga e o aire, constitúen a base da vida na Terra. Nesta práctica de campo explicarase qué é o solo, porqué importa, de qué está composto e cómo se forma e algunhas das súas propiedades mediante a observación de tres solos da Selva Negra, no Monte Pedroso. Así mesmo introducirase a problemática do traballo de campo e a importancia da toma de mostra, fundamental en moitos ámbitos da Bioloxía e das Ciencias da Terra.
Para esta actividade é preciso ir con calzado cómodo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario