Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

INVENTA. Aceptas o reto? Mostra as túas habilidades

Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

INVENTA: Aceptas o reto? Mostra as túas habilidades

Obxectivos: Con esta actividade pretendemos conseguir un achegamento á Ciencia, principalmente ás Matemáticas, a través de actividades lúdicas enfocadas a espertar o interese e a curiosidade polas aplicacións menos coñecidas desta disciplina.
Responsable: Elena Vázquez Cendón
A actividade consistirá nun xogo no que a través de distintas técnicas matemáticas resolveremos problemas que poden aparecer na vida cotiá. 

Aproveitaremos algúns dos recursos que as Matemáticas ofrecen para a resolución de situacións da vida real que poden resultar enigmáticas e nas que resulte sorprendente observar que as Matemáticas están presentes. Intentaremos ademáis que os participantes perciban que as Matemáticas resultan imprescindibles para comprender o mundo que nos rodea e que diferentes algoritmos ou procedementos de base matemática son tamén de gran utilidade na nosa vida diaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario